"Setembro e sol aínda". Onte quedei ensimesmado cando lin esta poética frase do meu querido Santiago Jaureguizar. Foi Octavio Paz quen dixo que a poesía é a erotización da linguaxe, e nesa frase de Jaureguizar, as marcadas elipses, xunto ó hipérbato, sensualizan as palabras, que, máis que falar, cantan. E bailan. Aínda.
—Sorpréndeme todo o que tiraches desas catro palabriñas —díceme Jaureguizar vía Facebook.
—Esas catro palabriñas están tan ben postas, que case forman un conxuro —dígolle eu.
—Sorpréndeme todo o que tiraches desas catro palabriñas —díceme Jaureguizar vía Facebook.
—Esas catro palabriñas están tan ben postas, que case forman un conxuro —dígolle eu.