Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

lunes, 14 de julio de 2014

O meu poema "Desafío", convertido en 'blues' pol'Os Folkgazais

Estou verdadeiramente satisfeito coa adaptación musical que o amigo Abel Pérez (A Veiga, Asturias, 1976) fixo do meu poema "Desafío"; penso que ó texto (moi crítico) séntalle estupendamente o arrastrado traxe do blues. 


A canción forma parte do novo EP (Alorias) d'Os Folkgazaisdinámica banda astur-galaica que Abel dirixe desde o seu concello natal. Eiquí vai un fragmento do videoclip do tema, cuxo texto está escrito na variante oriental do galego (aquela que falamos, por exemplo, no meu Santiso nativo ou na Veiga): 


En "Desafío" (primeira canción promocional de Alorias) colabora como vocalista Gustavo Álvarez.

Evidentemente, o texto adaptado, ó fundirse coa melodía, presenta algunhas variacións formais (aparición da rima, aumento das repeticións, eliminación dalgúns versos comparativos...). Variacións que non afectan, creo, ó contido social-érotico do texto orixinal, que reproduzo eiquí: 

DESAFÍO (II) 


Quéixanse os críticos cítricos 
porque abuso do grao superlativo. 
Eles dicen que aquel corpo era pequeno,  
pois non saben que na cama medraba. 
Non, ningún deles sería capaz de levar,  
coma meu abolo, os mismos calzois  
de lunes a domingo. 


Sempre dicen 
que hei de buscar, cando acabe a carreira,  
unha nena que me cuide e me comprenda: 
que atrevemento! Pro solo  
eu sei que naquel cu nace o Eo.  
Que pasa pola Pontenova, que se para  
en Santiso e que desemboca  
no Mar dos Seus Peitos, formando  
a ría de Ribadeo. 


Quéixanse os críticos cítricos 
porque abuso do grao superlativo.  
Pretenden que volva ó franquismo:  
sería xusto dicir que aquelas pernas  
solo eran “claras”?  
Cando as miocas  
papen as súas cachas,  
quizabes entenda ese empeño.  
Mentras tanto... 

ai, mentras... 


TANTO!



O poema foi incluido, en castelán, no meu libro Camas de hierba (Ediciones Vitruvio, 2011). Podes ler esa versión do poema picando eiquí.

Infinitas grazas a Abel e ós seus compañeiros de fatigas musicais.  

No hay comentarios: