Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

domingo, 31 de agosto de 2014

O paso dos Folkgazais e dun servidor por Burela

O domingo pasado, en Burela, tiven o honor de participar, xunto ó grupo Os Folkgazais, na presentación do seu terceiro disco, Alorias (que leva un poema meu musicado por Abel Pérez, líder da banda veigueña). O acto tivo lugar no Hotel Canabal (Pascual Veiga, 21). Aquel día, no mesmo lugar, tamén presentamos o segundo videoclip do conxunto, que realizou Alejandro Pacios e que está baseado precisamente no meu poema musicado: 



Infinitas grazas a Luis Rubal (xerente do citado hotel) e á xente de Radio Burela pola súa magnífica acollida. Unha xornada memorable de música, de poesía e de interacción cun público moi agudo. Marabillosa Burela! 

Picando aquí, a partir o minuto 40:16, podes escoitar a entrevista que me fixo Matías Nicieza o pasado martes en Radio Burela. Na mesma entrevista, dende o minuto 58:29, recito o meu poema "Desafío", igual que fixera dous días antes no Hotel Canabal.

Algunhas fotos do acto de Burela: 

Xunto a xente apaixoada e talentosa: Abel Pérez, David Moirón e Ruth Martín, tres dos oito componentes dos Folkgazais. 

Xunto ós Folkgazais (en formato trío), no ensaio do concerto de Burela. 

Xunto a David Moirón, Ruth Martín, Abel Pérez (Os Folkgazais), Matías Nicieza (locutor de Radio Burela) e Luis Rubal (xerente do Hotel Canabal). 


Con xente marabillosa, xente de Burela.

Os Folkgazais, no ensaio do concerto ofrecido no Hotel Canabal.

No hay comentarios: