Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

miércoles, 20 de agosto de 2014

Xiana Arias entrevistounos ó líder do grupo Folkgazais e a min na 'Radio Galega'


Onte Xiana Arias entrevistounos, pra o "Diario Cultural" (programa da Radio Galega), a Abel Pérez (líder do conxunto astur-galaico Os Folkgazais) e a min. Picando aquí, dende o minuto 3:57, podedes escoitar o que dixemos Abel e eu, ademais dunha mostra musical dos Folkgazais. As cancións radiadas son o fox-trot "Déixame ir contigo" (letra de Alejandro Fernández e música do conxunto Alonso adaptada por Abel Pérez) e o blues "Desafío" (letra miña e música de Pérez); os dous temas forman parte do novo traballo dos Folkgazais, Alorias. Infinitas grazas ós compañeiros do "Diario Cultural" por darnos cabida nese magnífico programa: unha honra! 

O novo videoclip dos Folkgazais, presentado onte

Aproveito esta entrada pra dar as grazas tamén a Asociación Cultural San Tirso del Eo por organizar a presentación oficial do novo videoclip dos Folkgazais (obra de Alejandro Pacios), que tivo lugar onte no auditorio do meu Santiso natal. Este estupendo vídeo está baseado na desgarradora adaptación que Abel fixo do poema de meu; xa podedes velo, enteiro, en Youtube: 




Onte, no auditorio de Santiso, xunto ós meus amigos Abel Pérez (líder dos Folkgazais) e Ángel Prieto (presidente da asociación local San Tirso del Eo). 

No hay comentarios: