Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo

Bitácora de Héctor Acebo, poeta, periodista cultural y doctor en Periodismo.
-Correo: acebobello@gmail.com
-Instagram: @hectoracebo
-Twitter: @HectorAcebo

jueves, 14 de enero de 2016

Mestre merlo

Esta tarde escoitei, en directo, o canto do merlo. Este paxaro o paxaro dos meus soños, xunto ó paporrubio non nos deleitaba coa súa arte dende xullo. As notas do merlo (líquidas, claras, suxerentes, respetuosas co silencio...) fascinaron a poetas da altura de Cernuda, como queda probado no fermoso texto que lle dedicou en Ocnos. Hoxe, no seu breve concerto, o paxariño soou moi melancólico... Estará botando en falta (coma min) a primavera; no en van, o merlo retoma as súas interpretacións diarias por marzo. A partir dese mes, e ata o principio do verán, non haberá quen deteña o caudal da súa garganta, mestura de amor e ironía. Ai, xa me tarda que volvas ás túas salvíficas ocupacións, amado merlo, mestre cantor! 

Un merlo cantando.

No hay comentarios: